ErgocareBank -●- Base de datos ergonómicos para a asistencia social e sanitaria
- A importancia da ergonomía no campo do benestar social e da atención sanitaria é amplamente recoñecida en toda Europa. Existe unha conciencia crecente da necesidade de implantar solucións axeitadas ós
lugares de traballo, a fin de mellorar as condicións de traballo e reducir os accidentes laborais de xeito que se poida aumentar o benestar dos traballadores, polo que semella desexable que as solucións prácticas estean baseadas na ergonomía.
- Tales procedementos deben reducir o risco de sofrir trastornos musculoesqueléticos e accidentes, tanto cando se traballa con pacientes como cando se trata de manter a súa capacidade funcional tanto tempo como sexa posible.
- Un consorcio de socios en Finlandia, Grecia, Suecia e Estonia están a traballar en conxunto para establecer os problemas implícitos á atención aos pacientes e aos métodos de coidado. Tódalas solucións propostas están rexistradas no ErgocareBank.
- ErgocareBank presenta varias técnicas para realizar unha manipulación segura dos pacientes, dirixidas tanto ás institucións educativas coma ós lugares de traballo, e as pon a disposición de alumnos, profesores e traballadores.
- O proxecto ErgocareBank está financiado pola Comisión Europea, no marco do Programa de aprendizaxe permanente Leonardo da Vinci.